Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pídenlles máis de 15 anos de prisión por secuestrar unha anciá para sacarlle cartos

Pídenlles máis de 15 anos de prisión por secuestrar unha anciá para sacarlle cartos

Xulgadas dúas mulleres por pechar máis dun ano en Vilaba unha octoxenaria de Cospeito

Unha das acusadas, con antecedentes por estafa, supostamente baleiroulle a conta

Félix Aragunde 27/06/2024 13:49

Unha das dúas acusadas, que se encontra en prisión provisional, era custodiada ata a Audiencia Provincial de Lugo para ser xulgada por secuestrar unha anciá co fin de baleirarlle a súa conta bancaria.

Aproveitándose da súa vulnerabilidade, presuntamente rouboulle preto de 32.000 euros que tiña aforrados, deixándoa nunha situación económica precaria. Xunto a ela, sentou no banco a súa suposta cómplice, que a axudaría a manter recluída a vítima, unha veciña de Cospeito de 89 anos.

Tras gañaren a súa confianza, alugáronlle un piso no centro de Vilalba, onde a tiveron encerrada baixo chave durante 13 meses. Ademais de non sacala á rúa, non a aseaban, non lle daban alimentos axeitados nin a medicación prescrita e tampouco a levaban ao médico, tal como confirmaron varias testemuñas que a rescataron cando pediu auxilio.

Polos delitos contra a integridade moral, estafa e detención ilegal, a fiscalía pide en total máis de 15 anos de cadea, mentres que as defensas solicitan a libre absolución.

Francisco Pérez, avogado da defensa"Rocío leva en prisión provisional dende xullo, acusada en concurso medial de detención ilegal e estafa agravada e dun delito contra a integridade moral. Cremos que non cabe ningún deses delitos, polas probas que achegamos". 

A fiscala pide, ademais, o pagamento dunha indemnización de máis de 40.000 euros e a prohibición de achegarse á vítima durante 10 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade