Pídenlles polos seus pisos o dobre do que pagou a Sareb
Pídenlles polos seus pisos o dobre do que pagou a Sareb
Notificáronlles o cambio da propiedade con dous anos de atraso
Clamor no concello pontevedrés de Barro contra a Sareb, o coñecido como banco malo. O motivo, a polémica taxación que fixo dunha serie de pisos que adquirira practicamente pola metade dese prezo.
Sete inquilinos do inmoble, varios deles con dereito a compra, non foron avisados do cambio de propiedade en 2019. A Sareb adquiríu o edificio e non se decataron ata dous anos despois, cando lles deron o aviso para desafiuzalos. Agora dous anos despois, o coñecido como banco malo pídelles o dobre do que a entidade pagou por eles.
Aínda que nin o erro nin a mala praxe foi deles, si que están sufrindo as consecuencias. Carla acaba de perder no xulgado e aínda por enriba remítenlle unhas custas de 14.000 euros.
Moitos deles tamén perderon dous anos as mensualidades que lle pagaron ao interior propietario e séntense totalmente desprotexidos.
O edificio ten catorce anos e presenta xa bastantes danos. Os inquilinos tamén critican que nalgúns dos xuízos non deixaron pasar os seus avogados. Non puideron acceder ás peritaxes e mesmo lles prohibiron dicir os prezos que lles pediron polos pisos e polos locais.