Publicador de contidos
Publicador de contidos

PNV e EH Bildu celebran un Aberri Eguna marcado pola precampaña electoral

PNV e EH Bildu celebran un Aberri Eguna marcado pola precampaña electoral

O PNV advirte contra unha suposta axenda oculta dos abertzales

Otegi cre que deben estar nos gobernos como paso intermedio para a independencia

O PNV celebrou o Aberri Eguna en Bilbao
G24.gal 31/03/2024 20:39 Última actualización 31/03/2024 21:47

PNV e Bildu celebraron o día da patria vasca, un Aberri Eguna marcado polas eleccións vascas do próximo 21 de abril. Ante o empate técnico que auguran as enquisas, os nacionalistas advertiron contra unha suposta axenda oculta dos abertzales. Bildu cre que o seu paso polo goberno é imprescindible para chegar á independencia.

Unhas 15.000 persoas, segundo a Delegación do Goberno en Navarra, asistiron á manifestación organizada por Euskal Herria Bildu para celebrar o Aberi Eguna. Foi unha marcha sen apenas berros, máis aló da recorrente reclamación de independencia. O coordinador xeral da formación abertzale Arnaldo Otegi dixo que non teñen présa porque van lonxe.

"A independencia non chegará se antes non chegamos aos gobernos, e eses gobernos teñen que ser con propósito, seguramente con outros e con outras, pero iso permitirá acrecentar a base independentista, non conseguiremos a independencia se non existen escenarios intermedios".

En Bilbao, o presidente do PNV acusou a Bildu de evitar tomar postura para non mostrar as verdadeiras intencións.

"Non vaia ser que a xente se pregunte: Pero canto cambiaron estes! Será de verdade?, non terán unha axenda oculta coas súas verdadeiras intencións que porán en marcha se gobernan?".

Ao acto asistiron o candidato do PNV Imanol Pradales e o actual lehendakari. Urkullu despediuse agradecendo a confianza e animando a seguir construíndo unha Euskadi plural e integradora.

"Sigamos traballando orgullosos por seguir a estela daquel primeiro Aberri Eguna de 1932, hai 92 anos. Euskadi é a nosa patria".

A campaña electoral vasca comeza o venres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade