Podemos acusa o PSOE de falta de valentía para facerlles fronte aos grandes supermercados
Podemos acusa o PSOE de falta de valentía para facerlles fronte aos grandes supermercados
O Goberno felicítase pola moderación do prezo dos alimentos e replícalle aos morados que as súas políticas son "eficaces e valentes"
O PP di que o Pedro Sánchez non quere baixar o IVE da carne e dos alimentos só para "recadar e recadar"
O dato adiantado do IPC de abril difundido esta mañá polo INE volve evidenciar as dúas estratexias que hai no seo do executivo para controlar a suba da cesta da compra.
Os ministros socialistas insisten que hai que ter paciencia porque queda "moito traballo por facer" pero felicítanse pola moderación do prezo dos alimentos. Din que "a moderación xa é unha realidade e agora tócalle baixar".
Pero os seus socios de coalición son moito máis críticos. Acusan o ministro de Agricultura e os socialistas de non quererlles plantar cara aos xigantes da distribución coma "Mercadona e Carrefour". A secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra, lamenta que non apliquen medidas valentes coma limitar o prezo dunha cesta da compra básica.
A réplica chegoulle do ministro da Presidencia. Félix Bolaños, celebra que o IPC dos alimentos baixara un punto nun mes e defende que o executivo aplica medidas "valentes e efectivas".
O PP acusa o Goberno de non querer baixar impostos como o IVE da carne ou do peixe co único obxectivo de "recadar e recadar", segundo denuncia a secretaria xeral do PP, Cuca Gamarra. O PP advírtelle a Pedro Sánchez que ignorar os problemas dos cidadáns terá consecuencias nas urnas o 28 de maio. Gamarra está segura conseguirán "rematar co sanchismo".