Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podemos asume o veto a Montero e anuncia un papel modesto na campaña de Sumar

Podemos asume o veto a Montero e anuncia un papel modesto na campaña de Sumar

Belarra admite que fracasaron os intentos de conseguir que Sumar rectificase

Podemos reuniu este sábado o Consello Cidadán Estatal

Ione Belarra e Irene Montero no Consello Cidadán Estatal de Podemos
G24.gal 17/06/2023 20:18 Última actualización 17/06/2023 20:38

Podemos asume o veto de Sumar a Irene Montero. A dous días de que finalice o prazo de presentación de candidaturas para as eleccións xerais, a secretaria xeral de Podemos admite que non conseguiron que Yolanda Díaz rectificase.

Ione Belarra anunciou que a partir de agora se poñen a disposición de Sumar para unha campaña na que queren desempeñar un papel modesto.

Na súa intervención no consello cidadán estatal, a secretaria xeral de Podemos explicou que están dentro de Sumar porque priorizaron o interese xeral do país sobre o seu, e esta candidatura conxunta é a única posibilidade, dixo, de reeditar o goberno de coalición.

Por iso asumen o veto a Irene Montero, que queda fóra dunhas listas, nas que si estarán a propia Belarra e Lilith Verstringe.

 "Intentamos nos últimos días que os dirixentes de Sumar rectificasen esta decisión pero teño que recoñecer que lamentablemente non foi posible, a pesar diso quero insistir en que Podemos rexeita firmemente o veto a Irene Montero (...). Podemos asume o seu papel nesta candidatura, un papel modesto, non imos marcar a estratexia da campaña, o noso traballo será poñernos detrás de Yolanda Díaz e estar alí onde nos pidan".

Pola súa parte, Irene Montero defendeu un feminismo que conseguiu conquistas como a lei de só si é si, dixo, a lei trans ou a reforma da lei do aborto.

"Quero agradecer o cariño e os esforzos de tanta xente estas últimas semanas para levantar un veto inxusto que Yolanda decidiu manter (...). O feminismo é o mellor que ten este país, a reacción está forte agora pero non é máis forte que nós, así que, aquí seguimos e podedes contar comigo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade