Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podemos e IU abren a posibilidade de pór o punto final a Unidas Podemos

Podemos e IU abren a posibilidade de pór o punto final a Unidas Podemos

Haberá cambio de marca, pero a intención de Podemos e de Esquerda Unida é presentar candidaturas conxuntas ás eleccións autonómicas e municipais

G24.gal 23/09/2022 14:22

O debate sobre o futuro da coalición Unidas Podemos está aberto. E cada vez parece máis dificil que Podemos e Esquerda Unida vaian concorrer con esa marca ás eleccións municipais e autonómicas.

Coa vista posta nos comicios do vindeiro ano, Podemos pon en marcha a súa maquinaria electoral. Elixiría candidatos entre o 10 de outubro e o 4 de novembro. E todo parece indicar que a marca Unidas Podemos vai quedar á marxe. "Estamos negociando", asegura Lilit Verstrynge, secretaria de organización de Podemos

Haberá cambio de marca, pero a intención de Podemos e de Esquerda Unida é presentar candidaturas conxuntas ás eleccións autonómicas e municipais. Outra cousa será de cara ás xerais, onde polo medio anda o proxecto de Yolanda Díaz. Alberto Garzón deixa aberta a porta a integrarse baixo esa marca.

Pensando a longo prazo, sen vivir pendente de eleccións, así o di Yolanda Diaz, Sumar puxo cara hoxe aos coordinadores de 35 grupos de traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade