Podemos e Sumar, encallados entre reproches e "vetos"
Podemos e Sumar, encallados entre reproches e "vetos"
Pablo Iglesias acusa a Más Madrid, Compromís e os Comúns de vetar a Podemos
Joan Baldoví nega os vetos e pídelle respecto
O reloxo non se detén. Quedan tres días e as negociacións entre Podemos e Sumar están enredadas en reproches, esixencias e nomes propios.
Os morados denuncian vetos por parte das marcas que integran o proxecto de Yolanda Díaz.
Pablo Iglesias acusa a Más Madrid, os Comúns e Compromís de non querer compartir listas electorais con Podemos.
Acusacións que negan tallantemente desde Valencia. O exdeputado Joan Baldoví di que "é totalmente falso" e que este tipo de comentarios non axudan en nada a construír un proxecto común. Pero o líder valenciano si recoñece que esixe que os seus candidatos lideren as listas da comunidade.
Agora mesmo habería nomes que están dificultando a integración: Irene Montero, Ione Belarra e Pablo Echenique. Hai presións para que se aparten da primeira liña, como fixo Alberto Garzón.
O que remata este venres é o prazo para rexistrar coalicións electorais. As listas ao completo teñen de prazo ata o día 19, pero non hai o primeiro sen o segundo.
Mentres, Yolanda Díaz segue armando intelectualmente o seu equipo. A última fichaxe coñecida é a de Pablo Bustinduy, un especialista en política internacional que foi un referente da corrente liderada por Errejón antes da ruptura interna de Podemos en 2019.