Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podemos esixe dimisións polo caso Pegasus

Podemos esixe dimisións polo caso Pegasus

A voceira do Goberno pide agardar aos resultados das investigacións antes de tomar medidas

G24.gal 09/05/2022 14:21 Última actualización 09/05/2022 15:00

Aínda non hai data para o encontro entre Pedro Sánchez e Pere Aragonès para falaren do caso Pegasus e, mentres tanto, os independentistas deixan en suspenso o seu apoio parlamentario ao executivo.

As presións ao Goberno non chegan só dos nacionalistas, senón tamén do socio minoritario da coalición. Podemos esixe dimisións. Segundo o seu voceiro, Pablo Fernández, "é necesario que se depuren responsabilidades ao máis alto nivel" e engade que "os responsables desta crise deben dimitir, asumir responsabilidades motu propio pola súa propia dignidade e a do noso país".

Pero dende o Goberno resístense aos ceses e piden agardar aos resultados das investigacións. Para Isabel Rodríguez, voceira do executivo, "aquí non se trata de sinalar, senón de buscar exactamente que ocorreu para, en primeiro lugar, subsanalo, e cando teñamos toda a información, entón poderemos tomar decisións".

Pola súa parte, o PP ofrece o seu apoio neste asunto. Alberto Núñez Feijóo quixo recordarlle "cando menos a unha parte do Goberno, que pode contar co PP para a defensa e a seguridade do Estado". O presidente do partido anunciou, ademais, que lle vai enviar ao Goberno unha proposta de acordo sobre a OTAN e a seguridade do Estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade