Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unidas Podemos pide máis medidas no plan contra os efectos da guerra

Unidas Podemos pide máis medidas no plan contra os efectos da guerra

Díaz avoga por ter en conta a renda no desconto de vinte céntimos no combustible

G24.gal 06/06/2022 14:44

A finais de xuño caduca o plan contra os efectos da guerra, pero o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, xa anunciou que vai prorrogarse tres meses máis, iso si, con cambios. A voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, asegurou que están "avaliando como vai cada unha das medidas (...) e do que se trata é de actualizalo por se fosen precisos algúns axustes".

Dende Unidas Podemos xa meten presión e apuntan algúns cambios, por exemplo, no desconto de vinte céntimos por litro de combustible. Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, cre que "non é correcto seguir subvencionando sen nesgo de renda e, ademais, seguir subvencionando combustibles fósiles".

A coalición pide tamén un bono de transporte público por dez euros ao mes e que as pensións non contributivas suban o 15 %. Tamén que se alongue todo o paquete ata finais de ano. Para o voceiro de Podemos, Pablo Fernández, "é tempo de ser ambiciosos, non nos conformamos coa prórroga das medidas existentes e cremos que hai que amplialas". Insta, ademais, o PSOE a "seguir o ritmo de Unidas Podemos".

Dende o Partido Popular acusan o Goberno de non negociar con eles. Segundo o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, "ao PP habitualmente formúlalle unha chantaxe: ou fas o que eu digo ou é que non queres chegar a ningún tipo de acordo". Na opinión do rexedor, "é moi difícil negociar con Pedro Sánchez porque pensa que a negociación consiste en que te rendas incondicionalmente ao que el quere".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade