Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podemos propón bonificar un 14 % o prezo da cesta básica de alimentos

Podemos propón bonificar un 14 % o prezo da cesta básica de alimentos

O obxectivo é abaratalos ata o nivel que tiñan en febreiro de 2022, cando estalou a guerra de Ucraína

Propoñen empregar o mesmo modelo que se aplicou aos carburantes

G24.gal 16/02/2023 10:43 Última actualización 16/02/2023 14:15

Unidas Podemos propón unha bonificación do 14,4 % sobre o prezo dunha cesta básica de alimentos. O obxectivo é abaratalos ata o nivel que tiñan en febreiro de 2022, cando estalou a guerra de Ucraína.

A proposta formula empregar o mesmo modelo que se aplicou aos carburantes: unha bonificación que se faría efectiva ao pagar en caixa e que aparecería reflectida no recibo.

Esa cesta básica incluiría unha serie de produtos como leite, aceite, ovos, froitas, pan, carne e peixe. Ante esta proposta, a resposta dende a parte socialista do Executivo é que o que se propoña debe ser viable, que se poida aplicar, e poñen como exemplo a baixada do IVE dos alimentos.

A iniciativa lánzase tras a negativa do PSOE para topar os prezos, como a formación expuxo hai un mes, e á vista do encarecemento dos alimentos a un ritmo superior ao do IPC, argumenta a formación violeta.

No mes de xaneiro a rebaixa do IVE notouse algo nos prezos dos alimentos. Moi pouco. Apenas tres décimas. Con respecto ao ano pasado, antes do comezo da guerra de Ucraína, o prezo da cesta da compra está por riba do 15 por cento. "Hai que actuar", aseguraba a vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz.

E dende Unidas Podemos dan o paso. Ione Belarra lanzaba a proposta via chio. Ante a falta de resposta do PSOE para poñer tope o prezo dos alimentos, poñen enriba da mesa outra opción:  bonificar algo másis do 14 por cento un cesta da compra que incluiría 20 alimentos básicos. Sería unha medida temporal e extraordinaria, pero que non acaban de ver dende a parte socialista do Goberno.

Regulación e control de prezos

A proposta inclúe que a Axencia de Información e Control Alimentarios monitorice os prezos con carácter semanal, con especial atención ás grandes superficies, e impoña multas se as empresas aumentan as súas marxes de beneficio.

En caso de infracción reiterada, a consideración pasaría a ser similar á dun delito fiscal.

A medio prazo, piden mellorar a Lei de Cadea Alimentaria e establecer unha Comisión de Regulación e Control de prezos, a fin de mellorar a transparencia e elaborar recomendacións para regular prezos en sectores estratéxicos.

A titular de Facenda defende a baixada do IVE aplicada a algúns produtos. E asegura que xa se está notando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade