Podemos propón unha renda garantida de entre 700 e 1.400 euros ao mes desde os 18 anos
Podemos propón unha renda garantida de entre 700 e 1.400 euros ao mes desde os 18 anos
A ministra de Dereitos Sociais,Ione Belarra, promete a súa aplicación se gobernan outra vez
Queda por definir se no futuro confluirán as propostas de Yolanda Díaz con Podemos. A formación morada recuperou unha proposta que xa lanzara en 2019.
Podemos propón crear unha renda garantida de entre 700 e 1.4000 euros ao mes desde os 18 anos. Segundo Ione Belarra, debe transcender o actual ingreso mínimo vital.
Defendeu durante un acto do partido en Madrid a súa viabilidade para a próxima lexislatura porque se financiaría cunha reforma fiscal ás grandes rendas, porque non é decente que haxa xente pobre no país mentres que a presidenta do Banco Santander, Ana Patricia Botín, "nada en billetes de 500 euros" ou o seu homólogo no grupo ACS, Florentino Pérez, faise "máis rico", asegurou Belarra.