Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podemos rexistra récord de candidaturas conxuntas con IU e sen primarias abertas

Podemos rexistra récord de candidaturas conxuntas con IU e sen primarias abertas

Os morados celebran esta fin de semana en Zaragoza a festa da primavera con chamamentos á unidade

Os socialistas reunirán a alcaldes e candidatos locais nunha convención en Valencia sen a presenza dos presidentes autonómicos

Podemos di que a súa fortaleza é clave para avanzar en políticas a favor das persoas
G24.gal 14/04/2023 14:27

45 días para o 28-M. Remata o prazo para rexistrar as coalicións. E Podemos e Izquierda Unida inscribirán entre 9 e 10 pactos para ir xuntos ás autonómicas. Renóvanse: Comunidade de Madrid, Valencia, Baleares, Estremadura e Castela a Mancha. E estréanse: Cantabria, Navarra, Murcia e Canarias. A dúbida é o que pasará na Rioxa. Alí a situación é crítica e o acordo está no aire. 

Trátase dun récord de candidaturas conxuntas pero todas sen primarias abertas. Contrasta coa esixencia dos morados a Sumar. Negociación na que desbotan acordos de despacho e reclaman primarias si ou si. 

Caso sorprendente é o que pasou na localidade madrileña de Rivas. Alí os morados racharon o pacto con IU porque incluía a Más Madrid, o partido de Íñigo Errejón. Tampouco houbo acordo en Valenica ou Canarias pola mesma causa. Si haberá alianzas nas principais cidades de Galicia, Andalucía, Cataluña, País Vasco e Castela e León. 

Irene Montero reivindica a utilidade dun Podemos forte. Os morados celebran esta fin de semana a festa da primavera en Zaragoza coa que abren a súa campaña. Alí volveremos ver chamamentos á unidade. 

Os socialistas reúnense en Valencia. Comunidade en risco electoral. Convención municipal sen baróns autonómicos pero coa presenza do expresidente Zapatero e varios ministros. Tamén estará a alcaldesa de París, Anne Hidalgo. Agárdase a presenza dunhas 2.000 persoas entre alcaldes, concelleiros e outros cargos socialistas.

No PSOE preocupa a mobilización. Saben que os seus votantes se activan á última hora e queren evitar riscos. Pedro Sánchez pisa o acelerador e vai percorrer toda España nos vindeiros días. No que vai de ano presidente do Goberno leva 17 actos de partido. Sánchez fará desta campaña unha lanzadeira para as xerais de final de ano. 

Feijóo aposta por deixar de lado a política de confrontación e recuperar o diálogo entre os distintos territorios para crear emprego de calidade e poder facerlle fronte "a débeda pública do país". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade