Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polémica en Lugo polos horarios dos negocios das prazas de abastos

Polémica en Lugo polos horarios dos negocios das prazas de abastos

Moitos dos vendedores, en contra da obriga de abrir os postos 53,5 horas á semana

Félix Aragunde 24/03/2022 13:59

A ordenanza municipal vixente establece que os postos das prazas de abastos luguesas deben manter abertos os negocios un mínimo de 53,5 horas á semana. Tras recibiren os vendedores unha circular en que se lles recorda esta obriga, moitos cualifican os horarios de abusivos.

Dende a Asociación de empresarios Lugo Monumental anunciaron que recorrerán calquera sanción imposta aos seus asociados. Ademais, aseguran que levan anos pedindo que se abra unha mesa de diálogo entre o Concello e os vendedores. 

Luis Latorre, presidente da Asociación de empresarios Lugo Monumental: "O que pedimos é unha xuntanza formal co Concello para expoñer a realidade da praza de abastos e adaptar a ordenanza á realidade, e non á inversa. Só hai que mirar as ordenanzas doutras cidades".

A proposta de Lugo Monumental consiste en abrir, como mínimo, de oito a tres e de martes a sábado. Pola súa parte, dende o Concello instan os vendedores a contratar empregados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade