Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polémica polo fedor do gando nunha aldea de Valdeorras

Polémica polo fedor do gando nunha aldea de Valdeorras

O propietario dos animais di que estas son cousas propias do rural

G24.gal 29/03/2022 14:43

Un grupo de veciños dunha aldea do concello valdeorrés da Rúa quéixase das molestias que lles ocasiona o gando que outro veciño garda nun inmoble situado no centro da aldea e a carón da súa vivenda. Din que por veces o fedor é insoportable.

O propietario dos animais di que estas son cousas propias do rural e que tendo en conta que as afectadas non residen habitualmente na aldea a molestia non pode ser tanta. 

O enfrontamento comezou hai tres anos e provocou mesmo denuncias ante o Seprona e Sanidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade