Policías nacionais de Corea do Sur súmanse á vixilancia do Camiño de Santiago
Policías nacionais de Corea do Sur súmanse á vixilancia do Camiño de Santiago
A Garda Civil incorpora o país asiático á Cooperación Policial Internacional Xacobea
Comparten experiencias en Sarria con axentes de Francia, Alemaña, Portugal, Italia e O Brasil na III Xornada de traballo do programa de seguridade no Camiño da Garda Civil
En colaboración coa Fundación ONCE axudarán tamén a fomentar a accesibilidade no Camiño para as persoas con discapacidade
A cooperación policial faise evidente nos camiños de Santiago nas épocas de máis afluencia de peregrinos. Ano a ano, o labor da Garda Civil foise reforzando nas distintas rutas con axentes franceses, italianos, alemáns ou brasileiros, e agora tamén coreanos.
A Garda Civil vai ampliando os acordos de colaboración con outras forzas policiais en consonancia coa promoción e a presenza de peregrinos deses países no Camiño.
Os axentes participantes comparten a súa experiencia durante dous días en Sarria na III Xornada Internacional de Cooperación Policial Xacobea.
Este ano, ademais de revisar cuestións de seguridade, coa colaboración da Fundación ONCE, poñerán en común como facer labores de apoio a peregrinos con discapacidade para facer o Camiño de Santiago tamén máis accesible.