Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seis mortos e danos en infraestruturas, vivendas e agro tras o paso de Óscar por Cuba

Seis mortos e danos en infraestruturas, vivendas e agro tras o paso de Óscar por Cuba

A tormenta tropical causou inundacións e mantén a escuras a maior parte do país 
 

G24.gal 22/10/2024 13:16

Polo menos seis persoas morreron tras o paso da tormenta tropical Óscar pola zona máis oriental da illa de Cuba, sumida nunha crise enerxética que mantén ás escuras a maior parte do país caribeño. As inundacións provocadas pola tormenta deixan danos importantes en infraestruturas, vivendas e na agricultura.

Apenas estivo 24 horas sobre territorio cubano, pero a tormenta tropical Óscar deixou tras de si un rastro de destrución e morte.

“Lamentablemente, pola información preliminar que temos, hai a perda de seis vidas humanas no municipio de San Antonio, onde continúan os traballos de rescate da poboación”.

Óscar tocou terra preto de Baracoa, no extremo oriental da illa, con ventos de ata 130 quilómetros por hora e chuvias torrenciais que provocaron inundacións nunca vistas na zona.
Os danos en infraestruturas, vivendas e na agricultura, especialmente nos cultivos de café, son moi importantes.
A chegada da tormenta tropical pillou Cuba en plena crise enerxética polo colapso da rede eléctrica.

“Levamos catro días sen corrente, a comida pérdese, os nenos pasando traballo, non temos auga fría, non temos nada”.

“Hai zonas, como ven vostedes, que hai corrente para alá e para acolá, e aquí nestes momentos nin unha hora a puxeron”.

Catro días despois do apagamento total, dous terzos da poboación continúan sen luz e nalgúns barrios da Habana os veciños mostran o seu descontento batendo cazolas nas rúas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade