Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polo menos tres mortos e dous feridos nun tiroteo nun luxoso centro comercial de Bangkok

Polo menos tres mortos e dous feridos nun tiroteo nun luxoso centro comercial de Bangkok

A policía detivo o presunto agresor, un mozo de 14 anos que portaba unha pistola e vestía pantalóns de camuflaxe

G24.gal 03/10/2023 13:03 Última actualización 03/10/2023 13:27

Tres persoas morreron e dúas quedaron feridas nun tiroteo rexistrado este martes nun luxoso centro comercial de Bangkok, mentres que o suposto agresor foi detido pola Policía.

O incidente comezou arredor das 16:30, hora local, no centro comercial Siam Paragon, un dos máis populares da urbe e situado nunha das principais avenidas da metrópole.

Tras escoitarse varios disparos, a policía procedeu entón á evacuación do recinto e confirmou o incidente armado a través das redes sociais.

Menos dunha hora despois de que comezase o tiroteo, os oficiais lograron deter e arrestar a sospeitoso.  A policía confirmou que se trata dun mozo de 14 anos que portaba unha pistola e vestía pantalóns de camuflaxe.

Centos de persoas saíron correndo polas portas do centro comercial tras escoitarse sons similares a disparos. Polo menos un dos feridos foi trasladado a un hospital por unha ferida de bala nas súas costas, apuntou o centro de emerxencias Erawan. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade