Poñen marcas nas vivendas de todo un bloque en Santiago para detectar cales están baleiras para roubar
Poñen marcas nas vivendas de todo un bloque en Santiago para detectar cales están baleiras para roubar
Poñen marcas nas vivendas de todo un bloque en Santiago para detectar cales están baleiras para roubar
Os propietarios danse conta dos fíos de pegamento a raíz do roubo nunha vivenda
A policía divulga este tipo de marcas dos ladróns e pide que se denuncien
Lembra tamén as recomendacións para protexer as vivendas nas vacacións
Hai uns días, cando volveron de vacacións, os veciños dun piso deste edificio compostelán atopáronse con que lles entraran roubar na casa sen forzar tan sequera a pechadura.
A partir diso os responsables da comunidade de propietarios comprobaron que o resto das vivendas do bloque tiñan as coñecidas como marcas do fío de pegamento nas portas, un dos sistemas empregados polos ladróns para preparar os roubos. Así é como verifican que non haxa xente nas vivendas para actuar.
Por iso agora que estamos en período de vacacións a policía divulga este tipo de métodos para que reparemos en que a vivenda pode estar no punto de mira dos cacos. Ademais os corpos de seguridade lembran as precaucións que se deben tomar cando marchemos, empezando por pechar ben a porta, xirando totalmente a chave.
E mentres esteamos fóra, procurar que a vivenda non pareza deshabitada, ben sexa xerando movementos de persianas ou acendido de luces por control remoto ou pedindo que alguén pase regularmente pola casa. E, sobre todo, alertar a policía ante calquera indicio sospeitoso.
Outras das recomendacións da policía é non facer público nas redes sociais que estamos de vacacións ou as datas nas que temos previsto estar fóra da casa.