Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontevedra convértese ata o domingo no centro do cómic durante o BDra Gráfica

Pontevedra convértese ata o domingo no centro do cómic durante o BDra Gráfica

No evento compártense o estado e as novas preocupacións da banda deseñada, como a irrupción da intelixencia artificial

G24.gal 28/06/2024 20:13 Última actualización 28/06/2024 20:39

A segunda edición do Festival Banda Deseñada, BDra Gráfica, celébrase en Pontevedra ata o domingo, un festival que é tamén unha feira e centro de charlas do mundo do cómic

Esté é un dos grandes eventos do cómic en Galicia, aínda que esta só sexa a súa segunda edición, polo cartel do festival con presenza de grandes do sector, guionistas e debuxantes, como Miguel Anxo Prado, Carlos Portela, Diego Ameixeiras ou Tomás Guerrero.

Aquí hai espazo para os libreiros, as editoriais, o contacto entre os artistas do noveno arte e o público, e para as conversas onde se comparte o estado e as novas preocupacións da banda deseñada, como a irrupción da intelixencia artificial.

Diego Ameixeiras e Tomás Guerrero participan nunha charla ante os lectores. Acaban de publicar 'Os suicidantes', unha distopía nunha Compostela do futuro onde existe un forte impulso suicida. Hai xa décadas que a banda deseñada non só é cousa de nenos.  

"O feito de ter un guionista como Diego Ameixeiras é un exemplo de que infantil o cómic non é, nin o tema que tratamos. El é alguén que traballa na literatura, e que se mete tamén no cómic, e iso achega moitísimo", conta o ilustradorTomás Guerrero.

"Cando escribes un guión sabes que estás dando unha ferramenta de traballo para que se mellore entre a xente que forma parte do equipo así que esta experiencia foi boa. Eu como escritor estou afeito a traballar na soidade da miña casa. Pero está ben despexarse e traballar en equipo", explica Diego Ameixeiras.

O festival de banda deseñada, BDra Gráfica reúne os artistas, os lectores, os libreiros e as editoriais. Non só se mira que comprar senón que tamén se escoita falar do sector da banda deseñada. 

"Entón estas charlas serven tamén para que o lector coñeza os procesos de traballo, curiosidades,  e atrancos, que tempos cando estamos creando. Que os lectores poidan preguntar a viva voz cousas que nunca van atopar nunha exposición ou nun making off", di Kiko da Silva, debuxante e director do Festival BDra Gráfica.

24 postos e moitas conversas que se alongarán ata o domingo nun festival que nesta edición homenaxea a Miguel Anxo Prado, xa saben, o que debuxou o noso Xabarín, o da Galega. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar