Cargando resultados...
Pontevedra creará un rexistro de ADN dos cans para sancionar os donos incívicos
Pontevedra creará un rexistro de ADN dos cans para sancionar os donos incívicos
A cidade ten censados máis cans ca nenos
G24.gal
06/07/2022 21:26
Pontevedra estuda crear un rexistro de ADN dos cans para sancionar os donos incívicos.
En Pontevedra hai rexistrados máis de 16.000 cans. É dicir, a cidade ten máis cans rexistrados ca nenos. Imaxinen o que pasa con que só unha parte deses milleiros de donos de cans non recollan as cacas.
Por iso o Concello de Pontevedra estuda crear un rexistro de ADN dos cans.
Para poder poñer o plan en marcha teñen que cambiar a normativa municipal e facer que, ademais do chip, sexa tamén obrigatorio rexistrar o ADN do can.
E aí comezaría a traballar a ciencia coa mascota.
Facerlle unha proba de saliva e sacar o ADN. E logo sancionar o dono incívico.
E, conta, que o uso do laboratorio aumentará as multas.