Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontón atribúe a "manipulacións do PP" a polémica xurdida co escano de Ana Miranda

Pontón atribúe a "manipulacións do PP" a polémica xurdida co escano de Ana Miranda

A portavoz nacional do BNG di que o acordo con Agora Repúblicas contempla que Miranda estea unha parte da lexislatura como eurodeputada e outra como portavoz do Bloque 

O voceiro do PP, Pazos Couñago, afirma que estamos ante un "engano" e "unha pequena fraude electoral" e sinala que Ana Miranda vai exercer como eurodeputada "fixa descontinua"

G24.gal 11/06/2024 12:49

O Partido Popular pide explicacións ao BNG pola polémica xurdida co escano de Ana Miranda despois de que este luns o Bloque Nacionalista Galego admitira que o asento no Parlamento Europeo da súa candidata "non durará o cen por cento do mandato".

A voceira nacional do Bloque indicou este martes que a formación frontista -que concorreu aos comicios dentro da coalición Agora Repúblicas- conseguiu o seu obxectivo nas pasadas eleccións europeas de conseguir "un escano propio na noite electoral", algo que non sucedía desde 1999.

Con todo, Ana Pontón matiza que agora "imos ver" como exerce esta responsabilidade Ana Miranda, xa que vai estar como eurodeputada "a maior parte" dos cinco anos que estea no Parlamento Europeo e a outra parte "como portavoz do Bloque", traballando para que "todas as iniciativas que teñan que ver coa defensa de Galicia, estean aí", tal e como figura no acordo negociado na coalición Agora Repúblicas.

Pontón atribúe a "manipulacións do PP" a polémica xurdida con este escano e insiste en que "por primeira vez desde 1999 tivemos escano na noite electoral".

Antes, Esquerra xa anunciara esa rotación do escano, dando por feito que o número catro da súa lista sería eurodeputado. Diana Riba destacou que "antes de que remate o mandato Tomàs Molina será eurodepoutado".  Despois, o BNG recoñecía posibles "axustes" na parte final do mandato. Na pasada lexislatura compartiran o cargo con Bildu.

Dende Esquerra recoñecen que aínda están a negociar os tempos e como se podería repartir ese escano no Parlamento Europeo. 

O voceiro do PPdG , Alberto Pazos Couñago, fala directamente de "engano" e asegura que "se esta é era a realidade do acordo que tiñan creo que os galegos tiñan dereito a sabelo antes de acudir ás urnas".

O portavoz popular afirma que o BNG ten "a obriga moral cos votantes galegos de contarlle cal era a realidade do escano ao que aspiraba Ana Miranda" e ve no acontecido "unha pequena fraude electoral"

 

Tirando de ironía, Pazos Couñago afirma que en lugar de contar con un escano a tempo completo, Miranda ten un "escano a termpo parcial". Ao seu xuízo, "parece que a eurodeputada Ana Miranda vai exercer como fixa discontinua" no Parlamento Europeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade