Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontón pide unha oficina permanente en Suíza de atención a emigrantes galegos

Pontón pide unha oficina permanente en Suíza de atención a emigrantes galegos

Ana Pontón no centro recreativo cultural Ourense en Basilea
G24.gal 15/04/2023 16:37

A voceira nacional do BNG,  está de viaxe en Suíza para se reunir coa colectividade galega neste país.

Pontón propón a creación dunha oficina permanente neste país para prestar asesoramento á emigración galega.

Dende Basilea, tamén reclama que se remate coa discriminación fiscal que, segundo asegura, sofren os retornados na tributación das súas pensións.

En Suíza atópanse máis de 41.000 persoas de Galicia, o que supón máis dun terzo da poboación de cidades como Lugo, Ourense, Pontevedra ou Santiago, e converte este país no que máis emigración galega acolle de toda Europa, segundo destacou Pontón durante un encontro con esta colectividade no Centro Recreativo Cultural Ourense en Basilea.

A oficina serviría para dar información e asesoramento para facer "con axilidade e co menor custo posible", indicou, trámites como a xestión de documentación, información laboral, fiscal, legal, de acceso a vivenda, asesoramento en materia de dereitos e deberes no país de acollida e sobre as axudas que poden solicitar.

Tamén para acompañar no proceso de retorno "para que sexa nas mellores condicións posibles e sen perder dereitos polo camiño", dixo Pontón.

Criticou a "discriminación" fiscal que sofren os emigrantes galegos pola Facenda española porque o conxunto de pensionistas están libres da declaración de IRPF se a súa pensión non supera os 22.000 euros anuais, pero os retornados de Suíza teñen que facela "a partir de 14.000 euros".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade