Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontón reclama a homologación automática dos títulos da FP con Suíza

Pontón reclama a homologación automática dos títulos da FP con Suíza

A voceira do BNG reúnese coa colectividade galega de Basilea e Zürich

G24.gal 16/04/2023 14:50

A voceira nacional do BNG pecha este domingo en Zürich os seus encontros coa colectividade galega en Suíza.   

Alí visitou este domingo o Centro Cultural Lalín e o Compostela e propuxo acordar co país a homologación automática dos títulos do FP para evitar calquera discriminación laboral que puidese sufrir a comunidade galega que vive neste país.

Pontón defendeu tamén a creación do Instituto Rosalía de Castro para difundir a lingua e a cultura entre a emigración. Este serán remata a súa axenda de traballo cun coloquio no que será presentada pola europarlamentaria Ana Miranda. En Suíza hai máis de 50.000 galegos emigrados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade