Por que os galegos mercamos tanto por Internet?
Por que os galegos mercamos tanto por Internet?
Os galegos mercamos por Internet dez veces máis que o resto dos españois. Así o revela un estudo realizado por unha plataforma dixital, especializada en ofertas.
A dispersión demográfica e o feito de non ter tan á man as tendas que marcan as tendencias da moda poden estar entre as principais razóns polas que aquí as compras online se multiplican por dez con respecto a outros territorios.
A xente busca descontos, pero tamén comodidade e inmediatez, e valoran positivamente os envíos de balde.
Neste estudo que elaborou unha plataforma de ofertas por Internet revélase que un 95% dos compradores galegos o fixeron algunha vez por Internet, o que indica que a idade e a falta de competencias dixitais xa non son un escollo para facer este tipo compras.