Publicador de contidos
Publicador de contidos

Por primeira vez, o poboado monfortino das Lamas ten conexión eléctrica legal

Por primeira vez, o poboado monfortino das Lamas ten conexión eléctrica legal

Volven ter luz nove meses despois de que o Concello deixara de pagar un xerador eléctrico

Félix Aragunde 30/05/2023 13:50

O poboado chabolista das Lamas, en Monforte, dispón de conexión legal á rede eléctrica por vez primeira dende a súa creación en 1995. As infravivendas contan con cadanseu contador despois de que a Administración local mediara coa compañía que subministra este servizo.

Xa co consumo controlado, as 25 familias residentes no poboado puideron volver ter luz. Fano nove meses despois de que o Concello monfortino deixara de pagar un xerador eléctrico.

Dende o pasado mes de agosto, tiveron que prescindir do uso dos aparellos domésticos e recorrer ás baterías dos vehículos para prender as lámpadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar