Publicador de contidos
Publicador de contidos

Por que van á folga os traballadores de Ryanair?

Por que van á folga os traballadores de Ryanair?

Os sindicatos que convocan o paro aseguran que a empresa non cumpre a lexislación laboral española e que asina un acordo cunha central minoritaria que basicamente recolle sentenzas xudiciais que xa obrigaban a aeroliña

G24.gal 27/06/2022 11:14

Na fin de semana dos os días 24, 25 e 26, foi a primeira da folga convocada polos tripulantes de cabina de Ryanair e que continuou nos días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo. A non haber acordo, os paros estendéronse en varias xornadas máis do mes de xullo.

O paro está convocado polos sindicatos USO e SITCPLA, que teñen a representación en España destes traballadores na aeroliña irlandesa.

As centrais denuncian que a empresa os trata como "traballadores de terceira e non respecta os seus dereitos". Aseguran ir ao paro para que "se obrigue a Ryanair a cumprir coa aplicación dos dereitos laborais básicos e as sentencias xudiciais", di Lidia Arasanz, secretaria xeral de USO nesta empresa.  

O obxectivo é conseguir que Ryanair retome as negociacións do primeiro convenio colectivo para os seus tripulantes de cabina de España. Aseguran USO e SITCPLA que son os dous únicos sindicatos elixidos polos traballadores para negociar as súas condicións de traballo.

“Ryanair levantouse da mesa tras o anuncio de posibles mobilizacións en España e outros países europeos fronte aos incumprimentos en materia laboral que segue realizando a empresa. E tamén o fai despois de asinar un acordo con CCOO, sindicato sen implantación entre o persoal
de voo da compañía”
, asegura Manuel Lodeiro, da sección sindical de SITCPLA en Ryanair.

Denuncian incumprimento da lexislación

Din os representantes das dúas centrais que o acordo entre Ryanair e CCOO "lexitima as condicións precarias" dos tripulantes de cabina.

Aseguran que ese acordo recolle un aumento salarial de 1.000 euros en 2022 e de 800, para 2023, pero que non é máis que un reflexo dunha sentenza da Audiencia Nacional que anula os recortes salariais aplicados ilegalmente ao comezo da pandemia.

Din que a pesar de que se fala dunha garantía de salario mínimo, pero que a realidade é que segue habendo traballadores con contratos por horas e que cobran por baixo do SMI. Algo que aseguran foi denunciado ante a Inspección de Traballo.

Afirman USO e SITCPLA que o acordo concede beneficios a afiliados de CCOO, como as 600 horas de voo garantidas, ou contratos de traballo permanentes e directos con Ryanair, sen intermediación de axencia.

Tamén falan de que nese acordo se recolle como un logro a programación fixa de 5 días de traballo e 3 días de descanso, pero que en realidade se trata doutro beneficio gañado ante a xustiza.

USO e SITCPLA aseguran que Ryanair segue sen aplicar a lexislación laboral española. Din, por exemplo, que os tripulantes de cabina seguen sen ter dereito aos 22 días laborais de vacacións anuais nin os 14 festivos nacionais. Denuncían que se obstaculiza o acceso aos dereitos de redución de xornada por garda legal e coidados de familiares, amais doutras cuestións como que non reciben as nóminas seguindo o modelo legal nin en castelán, non se respecta a normativa de Prevención de Riscos Laborais ou seguen sen entregar auga nos avións ás súas tripulacións, entre outros motivos.

Ryanair defende os acordos alcanzados

Ryanair, pola súa parte, defende que negociou convenios que cobre a maioría do seu persoal en toda Europa, e asegura que nos últimos tempos foron negociando melloras para afrontar unha fase de recuperación tras a covid.

Respecto a convocatoria de folga en España, cre a aeroliña que os sindicatos convocantes son menores, e que fronte a CCOO co que logrou o acordo. Agarda Ryanair que os paros non teñan efecto e non produzan alteracións importantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade