Portugal avanza na conexión do AVE con Galicia no horizonte do 2030
Portugal avanza na conexión do AVE con Galicia no horizonte do 2030
Dende o Eixe Atlántico felicítanse porque o país veciño lle dea prioridade a esta conexión
A entidade reclama un "compromiso claro" do Goberno español para unir Vigo coa liña lusa
A liña de alta velocidade que une o Porto e Vigo en menos dunha hora é unha prioridade para o goberno portugués. Aprobou prazos e partidas económicas para a conexión dende Lisboa. O Eixe Atlántico recibe con agrado os plans do goberno luso deste tren no horizonte do 2030.
"Todo o que non son contas son contos. Eles fan as contas e aquí contan os contos.
Están facendo xa as enxeñerías e os traballos preparatorios. (...) Se España non avanza non van meter unha cantidade grande de diñeiro nunha zona montañosa para unha comunicación na que do outro lado non hai nada. Eles van chegar ao São Carneiro, iso xa está garantido, que continúen de aí para arriba coa nova liña depende do que faga España", di Xoán Vázquez Mao, secretario da entidade.
O atranco en Galicia son os pouco máis de 30 quilómetros que unen a liña de Vigo coa conexión portuguesa. Vázquez Mao reclama unha solución para este tramo. O AVE será un dos asuntos que aborde o cumio bilateral de España e Portugal de novembro.