Portugal pide axuda a España para combater un incendio próximo á fronteira en Estremadura
Portugal pide axuda a España para combater un incendio próximo á fronteira en Estremadura
O lume deixa un ronsel de davastación, con máis de 6.000 hectáreas arrasadas e seis feridos leves
Afecta a localidade de Castelo Branco, próxima a Cáceres
Portugal activou o mecanismo ibérico de loita contra o lume e solicitou a colaboración de medios españois para combater un incendio de grandes dimensións na localidade de Castelo Branco, próximo á fronteira con Cáceres, que obrigou a evacuar centos de persoas.
O lume declarouse o venres nunha zona boscosa de difícil acceso e estendeuse favorecido polo vento e as altas temperaturas da zona.
Xa arrasou unhas 6.200 hectáreas en Catelo Branco e Proença-a-Nova no centro de Portugal. As autoridades informaron da "existencia de aldeas confinadas" e outras coa orde temporal de evacuación dos veciños.
Trátase dun incendio que cualifican os bombeiros de moi dificil con catro grandes frontes. deixou polo de agora seis feridos leves, un civil e conco membros dos equipos de extinción.
Hai uns 500 bombeiros sobre o terreo na loita contra as lapas e España enviou dous hidroavións da base aérea de Matacán, en Salamanca.