Cargando resultados...
Portugal retira a esixencia dun test negativo para entrar no país
Portugal retira a esixencia dun test negativo para entrar no país
O certificado de vacinación segue sendo requisito
A norma entra en vigor mañá mesmo
Alberto Mancebo
03/02/2022 16:51
O país luso xa non esixe un test de antíxenos ou PCR para entrar a través dos seus aeroportos. Con esta norma tamén se invalida a necesidade de amosar unha proba negativa por terra se se procede dun país en risco alto, unha esixencia que nunca foi aplicada realmente pero si existía no papel.
O Consello de Ministros portugués aprobou esta medida despois de ratificar que o país xa pasou o pico da súa quinta vaga pero tamén despois de analizar a situación epidemiolóxica dos principais países emisores de viaxeiros como Francia, Italia ou Reino Unido. Aínda así, o certificado de vacinación seguen sendo requirido par viaxar a Portugal.