Publicador de contidos
Publicador de contidos

Posible reactivación temporal da central das Pontes polo prezo da electricidade

Posible reactivación temporal da central das Pontes polo prezo da electricidade

G24.gal 14/11/2021 17:44

Nas Pontes entenden que o funcionamento da central sería de poucos meses. O almacenamento do carbón é por se fose necesario reactivar a central para producir enerxía. Non hai unha data prevista, pero todo apunta a que podería ser neste mesmo mes de novembro. Con todo, nas Pontes non son optimistas sobre a recuperación da fábrica.

A central de Endesa está practicamente paralizada desde a primavera de 2019, debido ao aumento do custo que pagaba por emitir CO₂. De feito, ten previsto pechala moi pronto. Se se activa é para completar as reservas que xa tiña e porque o xestor, Rede Eléctrica Española, así o pide.

A térmica reactivarase temporalmente, pero non coa repercusión que antes tiña na vida das Pontes. 
 



 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar