Poucas ocasións e moita polémica no Espiñedo (0-0)
Poucas ocasións e moita polémica no Espiñedo (0-0)
Arenteiro e Unionistas empataron nun partido en que se pediron dous penaltis na área dos salmantinos
Arenteiro e Unionistas empataron sen goles en Espiñedo na estrea do horario do venres na Primeira Federación. Non houbo demasiadas ocasións, pero si accións para a polémica, sobre todo tres caídas de xogadores locais na área salmantina. Jordan e Enol solicitaron penalti pero o colexiado do partido non entendeu infracción en ningunha das dúas xogadas.
As oportunidades escasearon. No primeiro tempo un tiro de Martín Solar foi o mellor achegamento do Arenteiro. Para o Unionistas ameazaron Rabadán e Álvaro Gómez. No segundo tempo houbo menos achegamentos de perigo. Os visitantes tiveron a mellor nunha xogada a balón parado pero o remate marchou por riba da porta de Diego García.