Prado remata de 13º na primeira das tres probas que correrá nos Estados Unidos
Prado remata de 13º na primeira das tres probas que correrá nos Estados Unidos
O campión do mundo de MXGP está probándose no Supercrós antes de iniciar a defensa do título
Jorge Prado rematou no posto 13º na primeira das tres probas que vai correr nos Estados Unidos. O piloto galego, campión do MXGP en 2023, está a facer a xira americana tentando adaptarse a esta especialidade que non descarta para un futuro e aproveita para realizar unha posta a punto de cara ao Mundial que principiará en vindeiras datas.
Tough break for Roczen and Stewart 😔
— Supercross LIVE! (@SupercrossLIVE) January 7, 2024
🎥 Monster Energy 450 Main Event LIVE fueled by @StaterBrosMkts#SupercrossLIVE #SMX pic.twitter.com/utkoi0nhkK
O lucense amosou nun circuíto moi distinto ao que está acostumado as súas virtudes habituais. Realizou unha gran saída en que se puxo no segundo posto e logo foi pelexando por rematar entre os dez mellores. Acabou no posto 13, pero serviulle de experiencia para as dúas seguintes carreiras en que vai tomar a saída. O gañador foi Jett Lawrence, o gran referente do Supercrós nos Estados Unidos.