Publicador de contidos
Publicador de contidos

Praga de moscas na parroquia tomiñesa de Forcadela

Praga de moscas na parroquia tomiñesa de Forcadela

Os veciños aseguran que non poden abrir as fiestras

G24.gal 07/09/2023 13:36

Trampas no xardín, tiras adhesivas, insecticidas... O veciños da parroquia de Forcadela, en Tomiño, xa non saben que facer para frear a invasión de moscas que están a sufrir.

A primeira praga sufrírona a finais de xullo, e agora repetiuse. Algúns veciños sospeitan que pode haber relación co esterco que se empregou nun terreo próximo, pero outros rexeitan esa hipótese, porque non o botaran a primeira vez que apareceron as moscas.  

Ata o lugar mesmo foi unha bióloga da Universidade de Vigo tomar mostras, pero polo momento non teñen resposta. Agora agardan que cando chegue o frío, a situación mellore.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos