Premian os coñecementos financeiros dos estudantes de Monforte
Premian os coñecementos financeiros dos estudantes de Monforte
Alumnado do instituto Río Cabe de Monforte gaña o concurso de coñecementos financeiros do Banco de España
Como parte do premio, recibiron un obradoiro sobre prevención da fraude impartido polo propio Banco de España
"Eu quero investir en bolsa. É un dos meus desexos deste ano, aprender a investir en bolsa".
Saleta é unha das gañadoras do concurso de coñecementos financeiros do Banco de España, cando outros catro estudantes do IES Río Cabe de Monforte.
"Eu no concurso aprendín os diferentes tipos de tarxetas, xuros... conceptos básicos moi interesantes para o día a día", di outro dos gañadores.
As modalidades de tarxetas, incluídas as arriscadas revolving, as criptomoedas, as compras en liña e ata as estafas virtuais das que podemos ser vítimas son algunhas das aprendizaxes que adquiriron.
"Eu considero que é algo que necesitamos todos pero non se dá como materia obrigatoria". "Para que, chegado o día, poida dicir que me defendo. Penso que é algo que debería ter toda persoa, estude Economía, Maxisterio, Enfermería ou o que sexa", engaden outros dous.
Competían contra máis de cincocentos centros no marco dun programa do Banco de España que promove o acceso de toda a cidadanía aos conceptos básicos das finanzas.
Emilio López Mariño, profesor de Economía do IES: "Toda persoa debe ter cultura financeira porque todos imos ao banco algunha vez, abrir unha conta, saber manexarse...".
Hoxe reciben parte do premio: un obradoiro sobre prevención da fraude impartido polo mesmo Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores.