Publicador de contidos
Publicador de contidos

Premio aos 38 anos de amor do Café Latino de Ourense co jazz

Premio aos 38 anos de amor do Café Latino de Ourense co jazz

A Deputación premiou a xestión cultural do Festival de Jazz do local

É o primeiro recoñecemento en 26 anos de festival 

O recoñecemento chega no transcurso da XXVI edición do festival
G24.gal 21/05/2024 21:37
Eduardo Rodríguez, dono do Café Latino e organizador do Festival de Jazz de Ourense, acaba de merecer o Premio Rodolfo Prada de xestión cultural da Deputación de Ourense. É o primeiro recoñecemento en 26 anos de certame.
 

"Que se acorden de ti antes de morrer sempre axuda e vainos dar máis forza, se cabe, para continuar".

Inmerso na edición deste ano pero xa argallando a do ano que vén, asegura que o mellor é o público, respectuoso e atento, que chama a atención de todos os grandes músicos que por aquí pasan ano tras ano.
 

"Os músicos destacan sempre que o mellor do Café Latino é o público: sabe escoitar, sabe aplaudir un solo, sabe estar".

O certame tamén inclúe no seu cartel músicos galegos con recoñecemento internacional.
 

"En Galicia estamos a un nivel altísimo; aquí hai músicos como Nani García, Tom Risco, un ourensán que está con Jorge Pardo que foi hai nada o mellor músico de jazz de Europa".

Despois destas case catro décadas, os concertos do Café Latino xa reúnen varias xeracións de ourensáns, cidade en que crearon escola.
 

"Moita xente que vén desde sempre, desde os primeiros concertos, agora trae os fillos".

Atesoura moitos momentos máxicos, pero os máis especiais son as noites co pianista Tete Montoliu e o paso de grandes músicos internacionais como o contrabaixista Ray Brown. 
 

"Estou traballando para o festival do ano que vén. Isto é unha cousa que te vai envolvendo, atrápate e cada día gústache máis. É case como unha droga".

Se Eduardo puidese pedir un desexo sería conseguir traer a Marsalis ao Café Latino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade