Publicador de contidos
Publicador de contidos

Premio Rebulir da Cultura para o Xabarín Club da TVG

Premio Rebulir da Cultura para o Xabarín Club da TVG

Pola súa contribución á normalización lingüística e á difusión da nosa cultura

G24.gal 18/12/2021 23:05

O famoso personaxe desta casa, O Xabarín, acaba de recibir un novo premio. Esta noitiña en Ramirás celebrouse a gala do FIR, o Festival Internacional Rebulir, e o premio da Cultura Galega 2021 no eido das artes escénicas foi para o programa infantil e xuvenil que leva case 28 anos na Televisión de Galicia, pola  súa  contribución  á  normalización  lingüística.

Xaime Arias, director de proxección social da CRTVG, recibiu o galardón da man do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Foron premiados ademais nesta edición, presentada por Pulpiño Viascón e que contou coa actuación de grupos de diferentes países, o músico Xabier Díaz e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

Dezaseis anos de historia ten este festival impulsado pola asociación Rebulir, que ten como obxectivo a recuperación e a difusión da cultura tradicional galega en todos os seus ámbitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade