Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xustiza autoriza a Prensa Ibérica a compra de 'El Correo Gallego' por 1,6 millóns

A xustiza autoriza a Prensa Ibérica a compra de 'El Correo Gallego' por 1,6 millóns

O grupo que adquire a cabeceira compostelá é propietario, entre outros, dos xornais 'Faro de Vigo' e 'La opinión' da Coruña 

Sede dos xulgados do Mercantil na Coruña Sede dos xulgados do Mercantil na Coruña
G24.gal 17/11/2022 12:38

O xulgado do Mercantil número 2 da Coruña resolveu o proceso concursal da unidade produtiva da empresa Editorial Compostela, propietaria do xornal 'El Correo Gallego', adxudicándollo a oferta presentada polo grupo Prensa Ibérica.

A venda da cabeceira farase por un total de 1.600.000 euros.

Prensa Ibérica é propietaria, entre outros, dos xornais 'Faro de Vigo' e 'La opinión' da Coruña. O administrador concursal valorou á hora de adxudicarlle a empresa "o beneficio para os intereses dos acredores" e "como único sistema posible para a continuidade da actividade empresarial".

O xulgado tiña sobre a mesa outra oferta, que foi desestimada, liderada polo empresario compostelán José Ramón García.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade