Preocupa no sector porcino a caída de rendibibilidade ao ter que reducir o número de animais
Preocupa no sector porcino a caída de rendibibilidade ao ter que reducir o número de animais
Segundo a nova Lei de benestar animal, o espazo que cada porco debe dispoñer nas granxas ten que incementarse en case un 14 por cento
O sector porcino está preocupado pola nova Lei de benestar animal. A normativa obriga a reducir o número de animais por granxa o que diminúe a rendibilidade das explotacións.
Javier ten un cebadeiro de porcos con catro mil prazas en Silleda. A aplicación da nova Lei de benestar obrigaríao a reducir a produción, xa que tería que incrementar o espazo por animal de 0,65 a 0,74 metros cadrados.
Os custos de produción disparáronse no último ano ao redor dun 30 de cento. Reducir o número de porcos que pode cebar complica a viabilidade, din, de moitas explotacións.
Quéixanse de que os continuos cambios de lexislación os obriga a facer novos investimentos que non son quen de amortizar.
En Galicia hai neste intre 1.260 explotacións porcinas, máis dun milleiro son cebadeiros, dos que saen un millóns 300 porcos ao ano.