Cargando resultados...
O aumento de casos de tose ferina preocupa as autoridades sanitarias
O aumento de casos de tose ferina preocupa as autoridades sanitarias
A maior concentración dáse entre os 10 e os 14 anos
G24.gal
13/05/2024 14:14
Os gromos de tose ferina sucédense xa por toda España. En Galicia os casos xa son oito veces máis que os rexistrados ao longo do ano pasado. O grupo máis afectado é o dos escolares, aínda que son os menores dun ano os de maior risco. As autoridades sanitarias insisten na importancia da vacinación.