Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preocupa o aumento do consumo da pornografía a idades cada vez máis temperás

Preocupa o aumento do consumo da pornografía a idades cada vez máis temperás

Din os datos que os nenos comezan a consumir pornografía aos 8 anos 

Os expertos aseguran que este modelo de conduta sexual agride as mulleres, pero está normalizado polos rapaces

G24.gal 12/12/2023 22:00 Última actualización 12/12/2023 22:16

Din os datos que os nenos comezan a consumir pornografía aos 8 anos, pero hai outros que mesmo aos 6 xa teñen contacto a través dos móbiles dos seus pais. E antes dos 12 anos sobre o 40 % dos rapaces xa viron algunha vez pornografía.

Os expertos aseguran que este modelo de conduta sexual agride as mulleres, pero está normalizado polos rapaces.

Outra das consecuencias deste patrón é un aumento desmedido das enfermidades de transmisión sexual, ata un 243 %, porque neses contidos apenas utilizan os preservativos. 

O acceso gratuíto á pornografía aumenta a difusión, e a solución pasa por unha comunicación máis directa cos pais na casa e pola educación nas escolas.

A esta conferencia da Fundación Abanca acudiron moitos pais e docentes que se amosan preocupados polo futuro dos nosos fillos e piden máis lexislación e máis materias nos colexios e institutos.

Outro problema engadido na actualidade é a intelixencia artificial, que tamén vai xogar un papel negativo na pornografía, por iso os expertos piden unha rápida lexislación para limitar algunhas accións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade