Publicador de contidos
Publicador de contidos

A presenza de cabalos con trampas preocupa no Morrazo

A presenza de cabalos con trampas preocupa no Morrazo

Habitualmente os animais non teñen microchip e as comunidades de montes prefiren non denunciar porque temen represalias

G24.gal 25/03/2022 13:57

Coa chegada da primavera recrúa a presenza de cabalos con pexas nas patas nos montes do Morrazo. O concello máis afectado é Moaña e zonas de monte do concello lindeiro de Marín como Santomé de Piñeiro nas inmediacións do monte Faro, do Xaxán ou de Castiñeiras.

Nesta zona de Marín atopan dous cabalos pexados á semana. Os animais sofren moito non poden moverse e ás veces quedan coxos unha semana ou mancados de por vida. En ocasións agriden aos policías locais ou aos capataces que os liberan.

O fenómeno decreceu nos últimos anos pero as comunidades de montes aínda o consideran preocupante. Os cabalos atados non adoitan levar microchip.

Moitas comunidades de montes non queren denunciar publicamente aos gandeiros porque temen represalias en forma de incendios, rotura de valados ou estrago de plantacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar