Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta advirte de que acudirá á xustiza se Costas insiste na anulación de concesións

A Xunta advirte de que acudirá á xustiza se Costas insiste na anulación de concesións

Rosa Quintana cre que o Ministerio de Transición Ecolóxica invade competencias da Administración galega

G24.gal 22/04/2022 15:25

Un informe da Dirección Xeral de Costas sobre o plan especial do porto de Cambados deixa caer que non se renovarán as concesións de tres depuradoras situadas en terreos de Portos de Galicia.

Segundo a conselleira do Mar, o Ministerio para a Transición Ecolóxica está a invadir competencias da comunidade autónoma. Rosa Quintana reuniuse esta mañá para analizar co sector mar-industria o que considera unha nova agresión por parte de Costas á industria galega.     

Segundo Rosa Quintana, os plans do Executivo estatal poñen en risco unhas 5.000 construcións do litoral. Dende o sector mar-industria insisten en que non poden afastarse da costa e pídenlle ao ministerio seguridade xurídica. 

A conselleira do Mar anunciou a intención de abrir unha mesa de diálogo co Ministerio e advirte que, se non hai consenso, recorrerán aos tribunais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade