Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preocupación por un niño xigante de avespa velutina no Saviñao

Preocupación por un niño xigante de avespa velutina no Saviñao

Un veciño do lugar de Augalevada, alérxico ás avespas, teme pola súa vida

Félix Aragunde 16/10/2023 19:24 Última actualización 16/10/2023 20:35

Na copa dun chopo, a uns vinte metros de altura, apareceu un niño xigante de avespa velutina. Sucedeu en Augalevada, no concello do Saviñao, onde agora os veciños procuran ter coidado coas avespas asiáticas que proliferaron no lugar.

José Antonio López Jorge, veciño de Augalevada: "É, máis ou menos, coma unha garrafa de 25 litros. Terá uns 50 ou 60 centímetros de diámetro. E andan por aquí, cerca das casas, nunha árbore alta".

Dende que foi descuberta a colonia, os residentes xa deron aviso en varias ocasións no teléfono 012. Malia as chamadas realizadas ao servizo de emerxencias encargado da súa retirada, o niño de velutina segue intacto na árbore onde o atoparon.

Pola súa parte, o veciño afectado asegura ser alérxico ás picadas de avespas, polo que a súa preocupación é aínda maior.

José Antonio López Jorge, veciño de Augalevada: "Téñolle medo a unha picada delas porque lles teño alerxia. Incluso levo comigo unha inxección de adrenalina, por temor a que me piquen e haxa problemas".

Mentres o niño de velutina continúa sen ser retirado, o veciño máis afectado pola súa presenza vive esta situación co corazón nun puño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade