Publicador de contidos
Publicador de contidos

En marcha a posta a punto das praias galegas para este verán

En marcha a posta a punto das praias galegas para este verán

Os traballos municipais abranguen a colocación das casetas dos socorristas, as persoas máis visibles

Os areais con bandeira azul precisan ter a punto unha serie de servizos: facilitar os accesos ou a sinalización en terra e no mar para garantir o benestar e a seguridade dos bañistas. Galicia conta con 114 areais con este distintivo

G24.gal 05/06/2024 14:37

Tras un duro inverno, o servizo de praias dos concellos comezan os preparativos para inaugurar unha nova tempada de baño. Esa posta a punto faise nos propios areais. Toca valorar e preparar as casetas fixas que ocuparán os servizos de socorrismo.

Unha posta a punto que se complementa coas tarefas de roza nos accesos ás praias e tamén con outro tipo de mantemento.

No concello de Bueu conta con cinco areais de bandeira azul, onde a principios de xullo comezarán a operar un total de 13 socorristas. Con todo, nos concellos máis turísticos, estes servizos xa están operativos dende principios de xuño durante as fins de semana. Falamos do concello de Sanxenxo.

Este municipio conta con 17 bandeiras azuis, o que os obriga a contratar máis de oitenta socorristas, que estarán a pleno rendemento en xullo. Con todo, aquí xa están operativos todos os servizos.

Pasarelas de acceso, balización... En definitiva, todo o necesario para poder desfrutar destes grandes paraísos de maneira segura no marco dun verán que xa está á volta da esquina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar