Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os participantes do 'Reto Astrolabio' prepárase na Gomera para iniciar o desafío

Os participantes do 'Reto Astrolabio' prepárase na Gomera para iniciar o desafío

O veleiro La Peregrina e os seus tripulantes tratarán de chegar á illa caribeña A Desexada valéndose só de instrumentos de navegación de hai trescentos anos

O capitán de La Peregrina, Javier Babé, accede ao veleiro ancorado no porto da Gomera
G24.gal 06/03/2024 13:32

O veleiro La Peregrina e os seus tripulantes están xa na illa canaria da Gomera, onde empezará realmente o Reto Astrolabio.

É a aventura comandada por un experto mariño para chegar ao outro lado do Atlántico valéndose só de medios de navegación rudimentarios.

Javier Babé marcou o reto de chegar á illa caribeña A Desexada valéndose só de instrumentos de navegación de hai trescentos anos.

A saída estaba prevista para o día 8: "É posible que a teñamos que adiar un pouquiño, porque fomos tan ben acollidos nesta illa polas autoridades e... nós, que nos deixamos coidar facilmente, estamos máis tempo a pasalo ben que a traballar nas cousas que temos que facer no barco", explica o capitán Babé.

Nestes días de deixarse querer inclúense tarefas como o precintado ante notario de instrumentos modernos de navegación.

A aventura atlántica que comezou na Illa de Arousa o pasado 27 vai ser obxecto do documental Reto astrolabio que se emitirá na Galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade