Cargando resultados...
Máis de trinta barcos participaron no Grove no II trofeo Ignacio Montenegro
Máis de trinta barcos participaron no Grove no II trofeo Ignacio Montenegro
G24.gal
24/08/2024 20:14
Máis de trinta embarcacións, entre elas veleiros clásicos e botes tradicionais, participaron no Grove no trofeo Ignacio Montenegro. A regata reuniu barcos chegados de distintos puntos de Galicia e tamén de Francia ou de Irlanda. A navegación transcorreu en augas próximas á illa de Ons. A proba, organizada polo Club Náutico de San Vicente, pretende darlle continuidade á antiga regata das Illas Atlánticas.
"É a segunda edición do trofeo Ignacio Montenegro, que antigamente tiña o nome de regata das Illas Atlánticas, unha regata que tiña moita popularidade en Galicia. Conseguiuse traer barcos dunha gran relevancia, barcos franceses, e este ano estamos collendo unha boa forza", explica Jorge Montenegro, membro da organización da regata.