Publicador de contidos
Publicador de contidos

Presentan en Barcelona o terceiro caso no mundo de curación de VIH con células nai

Presentan en Barcelona o terceiro caso no mundo de curación de VIH con células nai

Leva catro anos sen tratamento e sen pegada do virus

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 20/02/2023 17:31 Última actualización 20/02/2023 17:57

 O consorcio IciStem, que coordina o Institut de Recerca da Sida IrsiCaixa, presentou nun estudo o terceiro caso de curación da infección polo VIH no mundo.

Trátase dun home de 53 anos do que non se coñece a identidade.

Diagnosticárono en Düsseldorf en 2008. Alí seguiu un tratamento contra o VIH ata que a cantidade de virus se fixo indetectable no sangue.

Catro anos máis tarde sufriu unha leucemia e sometérono a un transplante de medula ósea dun doador cunha mutación que impide ao virus entrar nas células.

Dende entón leva catro anos sen tratamento contra a sida e sen que o VIH volvese aparecer.

O equipo investigador di que aínda pode haber sorpresas, pero que xa hai evidencias que indican que é un caso novo de curación.

O achado publicouse na revista Nature Medicine.

O paciente de Düsseldorf é o terceiro caso de curación tras os pacientes de Berlín e Londres.

Aínda que son os tres únicos casos en que se pode falar de curación, xa se presentou en conferencias científicas a remisión do VIH doutros dous pacientes, o de Nova York e o do Hospital City of Hope situado en Duarte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade