Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preséntase Fitur, coa mensaxe de recuperar a normalidade no turismo

Preséntase Fitur, coa mensaxe de recuperar a normalidade no turismo

A organización di que o turismo debe seguir adiante adaptándose á pandemia

Estarán presentes 107 países e non faltará a presenza destacada de Galicia

O mellor escaparate para promocionar o segundo ano do Xacobeo 

G24.gal 11/01/2022 16:56

A vindeira semana celébrase en Madrid, Fitur, a Feira Internacional do Turismo. Volve á súa data habitual no mes de xaneiro despois de que o ano pasado se celebrara en maio.

E volve este evento, un dos máis importantes no mundo do turismo, facendo un chamamento á necesidade de recuperar a normalidade.

A organización de Fitur quere lanzar a mensaxe de que o turismo debe seguir adiante adaptándose a vivir coa actual situación.

Este ano estarán presentes 107 países e non faltará a presenza destacada de Galicia, cun espazo de máis de mil metros cadrados e ofrecendo un destino aberto a todo o mundo aproveitando o segundo ano do Xacobeo.

Será un Fitur marcado outra vez por unhas rigorosas medidas sanitarias: esixirase para entrar certificado covid para os cidadáns de países que se acollen a este certificado.

Para terceiros países pedirase o requisito vixente nese momento para entrar en España. Outra opción para acceder a Fitur será a presentación dun test negativo realizado nas 24 horas anteriores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade