Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prevalecen as diverxencias políticas ante unha semana clave para a reforma da lei do "só si é si"

Prevalecen as diverxencias políticas ante unha semana clave para a reforma da lei do "só si é si"

O PSOE reivindica a necesidade de rectificar os efectos non desexados da lei mantendo o consentimento 

O PP aposta por apoiar os cambios na norma, pero pide responsabilidades políticas e a dimisión de Irene Montero

En Unidas Podemos cargan contra os socialistas pola posible coincidencia co PP e Vox na votación da reforma da lei

G24.gal 05/03/2023 15:06 Última actualización 05/03/2023 15:21

No PSOE, María Jesús Montero salientou hoxe o factor do consentimento como o valor principal da lei do só si é si, pero recoñeceu que tivo consecuencias inesperadas coa rebaixa de penas a agresores sexuais.

"Este partido cando ve que na práctica unha lei, mais aló da súa formulación, non se corresponde co que quere, rectifícaa, corríxea, para que non haxa ninguén que vexa rebaixada a condena por delitos tan graves".

Desde o PP, Cuca Gamarra salienta que nin Pedro Sánchez nin Irene Montero asumiron ningunha responsabilidade política polos fallos nesta lei. Dá por feita a súa reforma e reclama a dimisión da ministra de Igualdade.

 "A metade do Goberno vai votar en contra desta rectificación. Como é isto posible? Pero o peor de todo é que sairá adiante sen os votos da metade do Goberno, sairá adiante sen o voto da ministra de Igualdade e a ministra de Igualdade seguirá sentada no consello de ministros".

En Podemos reaparecía hoxe Pablo Iglesias na presentación dun libro de memorias de Pablo Echenique cunha reivindicación firme da lei do só si é si fronte ao PSOE.

"Quen está dando a batalla agora fronte aos que están defendendo pactar co PP e Vox para cambiar a lei do só si é si nun contexto no que van tumbar a lei de liberdade sexual despois de ter que expulsar un deputado por corrupto e puteiro? Quen está dando esa batalla nestes momentos?
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade