Primeira fin de semana de rebaixas en Galicia
Primeira fin de semana de rebaixas en Galicia
Algúns comerciantes protestan porque cada ano comezan antes e non dá tempo a vender a roupa en temporada
Nada máis abrir o centro comercial, xa empezaba a xente a facer as primeiras compras.
Oficialmente o período de rebaixas en Galicia comeza o un de xullo, pero este é o cuarto ano que as grandes marcas adiantan a data de descontos, de forma que o xoves desta semana xa estaban as máis das tendas aplicando as rebaixas.
A media dos descontos que se están facendo é dun 50 %, pero hai comercios que amplían a oferta ao 70 %. Pero coa escalada de prezos que houbo, hai quen prefire esperar a que se abaraten máis os produtos.
En moitos dos comercios pequenos tamén comezaron as rebaixas.
Moitos comerciantes recoñecen que adiantan as rebaixas porque se ven obrigados, pero non concordan coa medida.
A patronal do comercio téxtil confía en que serán unhas boas rebaixas, cun crecemento nas vendas dun 20 por cento respecto ao ano pasado, porque hai ganas de consumir malia a inflación.
Oficialmente o período de rebaixas remata o 30 de setembro.